Los séniores de la UNED-A Coruña

jueves, 19 de diciembre de 2013

Visita a Lugo. "As Penas de Rodas" y Belén de Begonte


El martes diecisiete de diciembre, los séniores de A Coruña visitaron las "Penas de Rodas", construcción de piedra de origen romano ubicadas en el municipio lucense de Outeiro de Rei. Lugar cargado de simbolismo y leyendas que no deja indiferente a propios y extraños. La especial ubicación de los elementos y su disposición, han llevado a estudiosos a formular múltiples hipótesis sobre su constucción.





Los sénior admirando As Penas de Rodas

Imagen del grupo delante de la construcción



Nuestros séniores visitaron también el Belén que el municipio de Begonte, en la provincia de Lugo. Visita obligada cada año por estas fechas. Los encargados de elaborar esta obra de arte navideña no dejan nada al azar. Cada año renuevan creatividad colocando piezas diferentes, de forma que cada visita es una experiencia única.


Belén de Begonte


Crónica de la visita a Rodas y Begonte en palabras de uno de los alumnos sénior:

"O día dezasete de decembro, os alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, acompañados polo noso coordinador, D. Luís Ángel Rodríguez Patiño, e o noso profesor D. Felipe Senén López, realizamos unha viaxe para visitar as Penas das Rodas e o Belén de Begonte. 

De camiño,  pasando á altura de San Alberte, unha paraxe moi bonita,  o noso profesor comentounos que a este santuario tamén foi levado o seu amigo e poeta Manuel María, a quen o santo lle debeu protexer dunha maneira especial, pois, no futuro, falaría moito e ben. Máis adiante, tamén se nos mencionou ao escultor Víctor Corral. 

Antes das Penas das Rodas, cruzamos o río Ladra, afluente do Miño. A súa beira, está a casa-restaurante dun emigrante, coleccionista de radios. Posúe un interesante museo destes aparatos. Pasamos polas aldeas de Román e Gayoso, terras de moi bos canteiros. Nós poidemos apreciar algunhas das súas obras: casas, algunhas caleadas e outras repicadas, panteóns e fermosos  cruceiros. As Penas das Rodas son dúas grandes pedras de granito, esféricas, en equilibrio sobre dúas rochas, unha ao lado da outra, labradas pola Natureza. Segundo a lenda, unha das penas ten ouro, símbolo da riqueza, e a outra alquitrán. Nunha rocha do lado, hai un poema de Manuel María alusivo a estas pedras:
           
            (...)
            Non sodes, non, cantería,
            ouh penas de encantamento
            ¡Temo que calquera día
            vos poida levar o vento
                       
  
Investigacións  recientes descubriron que, no solsticio de verán,  os raios de sol que pasan entre as pedras coincide cunhas marcas, e chegouse á conclusión que é un Círculo Lítico, Círculo Lítico de Donalbai. Estudiosos da Deputación de Lugo realizan unhas rutas pola zona, explicando a teoría das Penas de Rodas.
  
Máis tarde, visitamos o Belén de Begonte, un dos máis famosos de Galicia. O noso profesor explicounos que a tradición dos Beléns foi traída por San Francisco. Sobre o ano 1.200, veu de peregrino a Santiago, e a el se deben os beléns e as viacrucis. Outro belén moi famoso é o de Ourense, que é obra de Arturo Baltar.
  
O Belén de Begonte nace no Nadal de 1.972, creado por D. José Domínguez Guizán, párroco de Begonte (que tamén foi párroco de Xestoso), ao lado de quen estaba José Rodríguez Varela, alma mater do belén. As figuras en animación representan escenas da vida diaria, mezcladas con reproducións da arquitectura popular galega, e todo con efectos sonoros e luminosos. No ano 1.976, amplíase a superficie e o número e tamaño das figuras. 

Cada ano, o Belén é visitado por unas corenta mil persoas. A exposición do Belén compleméntase con outras manifestacións culturais moi interesantes, como exposicións de pintura, fotografías, cerámica, etc. 

Como sempre, foi unha viaxe moi interesante, e nós estamos moi agradecidos a quen nos dá a oportunidade de vivir estas experiencias."



No hay comentarios:

Publicar un comentario