Los séniores de la UNED-A Coruña

lunes, 14 de noviembre de 2016

"Trátase de ser persoas e comportarse como tales", por Mercedes Cachaza con motivo da violencia de xénero








"Desde o 25 de novembro ata o dez de decembro de 2016, toda unha quincena adicada ós dereitops humanos a nivel mundial.

Se as Nacións Unidas declaran unha quincena ós Dereitos Humanos a nivel mundial, deber ser porque moi mal anda a cousa.

O Alumnado da UNED Sénior, encabezado polo seu coordinador Luis Ángel Rodríguez Patiño, reúnese o día 16 de novembro en Paderne, A Coruña, para facer unha reflexión sobre un tema tan candente como é a “VIOLENCIA DE XÉNERO”.

Os medios de comunicación social, raro e o día que non nos informan de que en calquera lugar do territorio español estanse producindo ataques violentos contra a integridade feminina. Ante estes dolorosos feitos, tódalas persoas de ben nos consternamos; pero non sempre nos paramos a pensar nas posibles causas, nin en que medida temos algo que ver en todo eso.

Vexamos:

MOITOS DOS HOMES QUE HOXE MALTRATAN Ó XENERO FEMENINO, SON FILLOS OU NETOS DA NOSA XERACIÓN. 

Por qué fan esas cousas?


O primeiro que se nos ven á mente é que a nosa xeración non lles mandou facer eso. Pode que sexa certo en boa medida, pero… Realmente… parouse a nosa xeración a educalos para que viran no xénero feminino persoas en igualdade de dignidade e dereitos?

No caso dos maltratadores moito me temo que non, porque se así fora saberían convivir en paz e harmonía de igual a igual respetando as diferencias e as libertades individuais propias de cada persoa sexa esta do sexo que sexa.

Recordoulle a nosa xeración moitas veces ós seus fillos varóns, que todos temos polo menos unha muller nas nosas vidas, que todos temos unha nai? Ós maltratadores, pode que non se lles dixera nunca. Os maltratadores pode que viran maltratos á súa propia nai na súa crianza. Quen sabe..?


Non vería o maltratador o propio maltrato algunha vez na súa propia casa nalgunha muller do seu propio fogar? Pode que si porque na escola, esas cousas non se ensinan e os nenos aprendidos non nacen. E, por raro que pareza, a veces aínda se potencia esa educación nas propias familias.

Eu vivín unha experiencia ben clara a principios dos anos setenta cando eu rexentaba unha escola unitaria na que puxen a varrer a aula e a limpar os servizos a todo a alumnado por orde de lista.

ATA AQUEL MOMENTO SÓ SE OCUPABAN DESES LABORES AS NENAS, FUTURAS MULLERES.

Esta medida foi ben aceptada en xeral menos no caso de Uxío.

Uxío era un neno de dez anos que tiña dúas irmás maiores. Seguramente sería o neno bonito da súa casa. Cando Uxío chegou á casa dicindo que a mestra lle mandara limpa-los servizos cando lle correspondía por orde de lista; a súa mamá o primeiro que fixo foi ir á escola para decirme que o seu Uxío non limpaba os wáteres, que ese era labor de nenas..

A miña resposta foi moi cortés e tamén moi contundente: “Se non quere que o seu Uxío limpe os wáteres cando lle toque a el, pode vir vostede a sustituílo”.

Loxicamente a nai non o sustituíu nunca e Uxío supoño que aprendería unha lección para a vida. Este é un exemplo de como na familia educamos, consciente ou inconscientemente, para potenciar a discriminación de xénenro. Así de claro e de sencillo.

Recordoulle a nosa xeración ós fillos varóns que a que hoxe é unha compañeira, unha amiga, unha noiva, pode ser mañá a nai dos seus propios fillos? Se así fora, non habería maltratadores porque saberían valorar á muller como unha compañeira, como unha amiga, como unha noiva e como unha esposa.


Ensinoulle a nosa xeración ó maltratador o valor dunha muller como persoa, como ama da casa, como esposa, como nai de familia, como coidadora de enfermos e anciáns, como a alma do fogar? Pode que neste sentido tamén fallara algo a nosa xeración, porque se así non fora os homes saberían colaborar nas tarefas do fogar e no coidado das criaturas, enfermos e anciáns do mesmo xeito que o fan as mulleres.

E no tocante á realización da muller no mundo laboral e social, pasa máis do mesmo. A maioría das mulleres que queren traballar fóra da casa teñen que multiplicarse e moitas veces ata non son ben vistas pola súa propia parella, cando esta é un maltratador en potencia.

A situación sería ben diferente se a nosa xeración educara ós fillos varóns para a ver na muller unha persoa que precisa realizarse laboralmenmte para ter autonomía económica, social e persoal, ó tempo que aporta patrimonio á familia.

Con relación á vida social. O home maltratador tómase moitas libertades, mellor dito, libertinaxes derivadas precisamente das súas irresponsabilidades na vida do fogar e cando chega á casa aínda ten máis que dicir. E a veces non queda só en palabras…

E cando se trata do coidado de enfermos ou anciáns. Educou a nosa xeración de igual maneira a nenos e nenas, a homes e mulleres? Todos sabemos que por norma xeral, non. Se seguiramos analizando, chegaríamos á conclusión de que a orixe de moitos problemas sociais, -entre eles a violencia de xénero- está na educación recibida no fogar.

Chegamos a extremos que nunca deberíamos chegar, pero se pouco a pouco imos caendo na conta de que o importante é educar para ser “PERSOA”, andando o tempo a violencia de xénero acabará erradicándose do noso país.

Hai quen di que farán falta 170 anos para acadar estes obxectivos.
Pode que, desafortunadamente, teña razón. Nese caso, o alumnado da UNED Sénior non o verá, pero quere deixar feita a súa aportación a prol dunha educación en igualdade de dignidade, respetando as diferenzas individuais propias de ámbolos dous xéneros".



Mercedes Cachaza Platas

Alumna da UNED Sénior en PADERNE (A Coruña)





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Follow by Email