Los séniores de la UNED-A Coruña

viernes, 15 de julio de 2016

Abierto el plazo de Matrícula de la UNED Sénior A Coruña




Luis A. Rodríguez Patiño
Luis Ángel Rodríguez Patiño
Coordinador UNED Sénior A Coruña


"Aqueles maiores de 50 anos que queiran ter unha formación universitaria, poderano facer a través do novo curso que a UNED Sénior da  Coruña está a proxectar para o vindeiro outono. O período de inscrición segue aínda vixente ata que rematen as prazas e o comezo das clases previsto para outubro. Un total de 280 alumnos acudiron o ano pasado (320 matriculación das asignaturas) ás clases, e se espera que o número de participantes para o curso 2016/2017 se manteña ou aumente.

Os que queiran acceder ao curso 2016/2017, o oitavo deste centro, non teñen que cumprir requisito algún en forma de niveles educativos, xa que a inscrición pode facerse con independencia da formación académica que posúan.
As materias que se impartirán serán a Prevención de riscos na vida cotiá, a Actividade física e incidencia en la saúde, ambas impartidas polo doutor Marcelino Mosquera; Patrimonio Histórico e visitas por toda Galicia, por Felipe Senén; Informática, por Anton , nas que se tratará o funcionamento de Internet, o correo electrónico e o tratamento da imaxe; Música por o mestre e director de Orquestra, Fran Garcia; Canto e Ximnasia tráves da Música por A.T.S. Silvia Cerame.

Cada unha das materias ten 30 horas lectivas. Para poder formalizar a matrícula pode acudirse directamente ao Centro Asociado na Coruña, aos delegados de zona.

Concellos colaboradores da UNED Sénior A CORUÑA: Aranga, Guitiriz, Irixoa, Monfero, Lousame, Paderne, Rianxo e Xermade".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Follow by Email