 |
Josefina Calvo Sánchez |
"Boas tardes a todos.
Dende a fundación desta gran familia que é a UNED Sénior da Coruña,
agora espallada por todo o medio rural, vimos reivindicando este día con
todo o noso pesar. Esta lacra machista que penso que cada ano está a
aumentar. É inxusto e incríble que os nosos gobernantes non sexan quen
de parala cun castigo exemplar, demostrando a todos que a vida só Deus
no la debe quitar.
Que máis ten que pasar para que se tomen medidas para parar esta sin razón
que a tanta xente lle rompe o corazón? Moi preto daquí, arriba de
Bandoxa, na aldea de Rodeiro, un pai matou ó seu fillo só por vingarse
da sua ex. Eu coñezo ós seus pais, son xente encantadora e pregúntanse:
“Cómo o noso fillo puido facer iso? Matar o seu propio fillo, o noso
neto”.
E que fan os pais nun caso deses? Quedan destrozados para toda unha vida.
A tristura de non voltar a ver o seu neto, ó que estaban esperando
cheos de ledicia cando ía a visitalos. Ó que voltarán a ver é ó seu
fillo, pero que van sentir cando o miren? Rabia, impotencia,
indignación... Pero é o seu fillo, ó que trouxeron ó mundo e criaron con
cariño e con todo o seu amor e agora vense nesta triste situación.
E a nai dese meniño, con traballo bó e fixo, traballando cara ó
publico, e que aínda hoxe é o día que non pode exercer? Despois de todo
iso a vida xa se acabou coa morte do seu fillo. Os avós, unha nai e o
resto da familia, destrozados para toda unha vida. Qué lle pasa á humanidade? Cada pouco atentados en calquera parte do mundo. Non se
respeta a ninguén, nin á xente nin ás leis, cada un vai ó seu aire, coma
agora os cataláns que queren sair de España.
É importante na vida e algo fundamental estudiar unha carreira, ir á
universidade, pero iso non abonda, se non hai humanidade. Non hai
carreira máis valiosa por máis custosa que sexa, nin que axude tanto á
xente que ter un bó corazón, ser unha boa persoa, axudar a todo aquel
que precise a nosa axuda sen pedirlle nada a cambio nin mirar a sua raza
nin tampouco a sua cor, porque dentro do seu peito tamén ten un
corazón, e se é boa persoa non fai falla outra razón.
En tódolos atentados, que por desgracia tamén están a aumentar, hai
xente que non pensa na sua vida, só pensa en axudar. Sacan terra e
cascallos coas suas propias mans e síntense orgullosos se poden salvar a
alguén. Esa é a carreira máis importante da vida de toda persoa que
teña un bó corazón.
Hai desastres naturais que a maior parte deles son causados pola man do home que tanto quere saber e coa natureza non se pode competir, porque é
máis sabia que a man de ningún home, por moitas carreiras que teña, por
iso se revela contra a humanidade, demostrando que ninguén pode máis ca
ela.
Por iso algunha carreira debería estar prohibida. Que estudien para
mellorar o mundo mais non para o empeorar. Estudiar para ir á lúa... Que
se lles perde alí? Están a corromper a atmosfera e así aumentan os
terremotos, os volcáns e riadas e así morre tanta xente e outra queda
desgraciada. Sin casas nin comida, vendo como os seus fillos morren de
fame.
E o máis triste de todo, os que desaparecen, que nin as suas familias os
poden soterrar nin saber onde foron parar. Este mundo está corrupto,
só conta o poder, os cartos o egoismo e a maldade. Se o veciño ten un bo
coche o meu a ser mellor aínda que na casa o pase peor, porque hai que
aparentar.
Por iso todos nós, os do concello de Paderne e tódolos que se queiran
unir a nós, loitaremos xuntos pola igualdade, o compañeirismo, a amizade
e comprometémonos a educar os nosos fillos e netos na igualade, no
respecto e no cariño para que eles algún día vexan un mundo máis unido.
Debemos aprender do noso coordinador Don Luís, que se enfronta a quen
sexa. Dí a misa na estrada e axuda moito ó rural, que se non fora a UNED
a meirande parte de nós non nos coñeceríamos nin formaríamos esta gran
familia que vai aumentando por todo o medio rural e cada curso que
comeza recoñecemos que é estupenda e fenomenal.
Por iso todos unidos seguiremos loitando pola igualdade, a tolerancia e a
boa amizade e porque esta gran familia que somos os da UNED siga
aumentado. Con saúde e moita alegría agradecer a tódalas persoas que
están colaborando pra que esta fermosa labor que creou Don Luís, xa hai
algúns anos, siga aumentando".
Texto: Josefina Calvo. Alumna Sénior